7 de marzo de 2010

GERMÁN LAGO DURÁN



PERSONAXES DO VAL MIÑOR



Germán Lago Durán
(19-10-1883/19-12-1967)


Fillo de Emilio Lago e de Manuela Durán, Germán naceu o dezanove do outubro do ano 1883 en Vigo.

Non obstante a súa xuventude e parte da súa vida discorreu na bisbarra do Val Miñor e nese entorno foi sen dubida, o son dos ventos mareiros, do nordes ou o suroeste que metendose pola boca norte ou a boca sur da Ría de Vigo dende as Illas Cies azoutan con estrondo a baía de Baiona e a foz do rio Miñor, o “il picicatto” do repenicar das teimosas chuvias nos camiños e tellados, o bruar das olas ao chegar as praias ou irromper contra as rochas e rompentes, ou o rebunbio cantareiro dos regatos, ou os silentes sonoros das brétemas, inspiraron e conformaron a súa personalidade e vocación musical.

Vivía nese tempo, nunha modesta casiña, hoxe xa desaparecida, que había no camiño que vai da estrada de Baiona a casa reitoral da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, a o carón da señorial casa “dos del Rio” e por fronte, estrada por medio, da casa e tenda chamada “El Regalo”, O Reghalo como oíaselle dicir a seu propietario José Rial Valverde alcuñado “O Pataqueiro”.
Nesa casa, conviviu seu irmán, Constante e mais a súa compañeira, de orixe francés, coa que tivo dous fillos, todos eles xa falecidos, a casa foi derribada para facer un alpendre. Constante tiña fama de ser un moi bo ebanista.

A súa irrefreable inclinación pola música comeza de rapaz e estuda solfexo e piano co mestre Urbano Vernet en Baiona que fundou e dirixiu a Banda de Música Mougas despois chamada de Baiona, asistindo as clases indo a pé dende A Ramallosa fixera o tempo que fixera, pois nin dispuña de medios económicos nin tampouco había naquel tempo as estrutura de transporte de hoxe.

Pronto amosa a súa capacidade musical e organizativa pois a pesar de seus poucos anos, soamente tiña 17 anos, no 1900, xa dirixe un orfeón e unha rolda chamada “Orfeón La Lira de Gondomar”.



Tamén xa por esas datas, o Concello de Vigo, segundo consta na “Acta de sesión del 17-04-1909 consta una subvención a nombre de Germán Lago para completar sus estudios musicales en Madrid por valor de 1500 pesetas” polo que desplazase a vivir a dita capital para estudar violín e harmonía.

O aproveitamento destes estudios non poden ter mellores resultados e o recoñecemento da súa capacidade musical o demostra o feito de que no mesmo ano 1909 acada a praza de profesor de violín no Conservatorio de Madrid coa clasificación de Sobresaliente e propónselle perfeccionar a súa carreira no estranxeiro.

Na Prensa daquela época podíase ler que:

“Lago era un hombre culto, conocedor de varios idiomas, muy alto, delgado, de porte y ademanes distinguidos y que tocaba la guitarra, el laúd, la mandolina, el violín y el piano, y reunia cualidades de formidable organizador”.

Ademais tiña unha moi boa voz, ben timbrada e cantaba moi ben Fados e Tangos. Sen dubida pola influencia da cércano do pais portugués e dos aires traídos polos emigrantes que viñan de volta das Americas.

Por estas datas compuxo as pezas tituladas “Lembranzas” e “Meu Fillo”.

A súa capacidade organizativa e a súa afección musical lévano a formar no 1911 a Orquesta Mandolinista Española, composta por instrumentos de púa, guitarras e piano que por veces el mesmo tocaba.

Os concertos dados por esta orquestra en Madrid acadan moi boas críticas nos periódicos El Liberal e o ABC e consegue un contrato para actuar no Alambra Palace de Londres.

Inclúese unha tarxeta postal onde amosase a Germán e os compoentes da Orquesta Mandolinista Española, enviada naquela data ao que naquel tempo era Secretario do Concello de Gondomar Manuel Alonso Pérez.




Unha moi grave enfermidade fai que non poda facerse cargo da praza coma profesor de violín do Conservatorio de Madrid, e vese obrigado a disolver a Orquesta Mandolinista Española e volvese a Vigo para coidarse da súa doenza.

Ao cabo dun ano volve a Madrid e empeza a traballar no Instituto Geográfico.

No ano 1915, xa reposto da súa doenza e de novo en Madrid, a súa irrefreable paixón pola música o leva a crear una nova orquestra co nome Orquesta del Centro de Hijos de Madrid composta por instrumentos de púa
e guitarras facendo a súa presentación o 26 de xullo de 1915.


Esta orquestra interpretaba tanto un repertorio popular e de zarzuela como obras de Granados, Albéniz, Tárrega, o Bach, o Mozart.

De seus concertos no Teatro Español facía unha revista desa data uns comentarios nos seguintes termos:

“Elevado como se halla el nivel de nuestros públicos en lo que a música se refiere,….interesar al público con un conjunto de instrumentos de cuerda…era empresa arriesgada y no habíamos caído en la cuenta de que también les era factible acometer empresas mayores, siempre que en las mismas se pusiese el tesón, la fe y la cultura de un entusiasta de estos instrumentos, uniendo a estas cualidades el conocimiento profundo de sus particularísimas modalidades de sonoridad y expresión. Todo esto lo posee con creces Germán Lago, y a él corresponde el éxito……”

Reproducimos da revista “La Ilustración Española y Americana”, de gran sona naquela época, a novidade que sobre a mesma insire o dia 30 de abril de 1917:





Esta agrupación houvo de desfacerse por problemas económicos.

Maís a teima de Germán Lago é formar unha orquestra de instrumentos de plectro e non avandoa a súa idea e con tesón e grandes sacrificios no ano 1928 organiza os primeiros ensayos da futura Orquesta Ibérica de Madrid.

A o ano seguinte, 1929, queda completada a que será a sua obra maís importante, a Orquesta Ibérica de Madrid, composta por 50 profesores distribuidos deste xeito: Bandurrín, bandurria principal (concertino), bandurrias 1ª (divididas en A y B), bandurrias 2ª (divididas en A y B), laúd contralto, laúd tenor (divididos en A Y B), laúd bajo, guitarra 1º y guitarra 2ª. Non sempre se amosan orquestacions tan divididas.


O primero concerto foi dado o 14 de xunio de 1929 no Teatro de la Comedia de Madrid.

Nesa ocasión, o músico e musicólogo Vigues Juan José Mantecón Molins escrebe para o diario LA VOZ:

“El efecto de sonoridad de esta reciente Orquesta, es tan grato como lleno de curiosa novedad e interés. El temor de que su timbre sensiblemente igual, aliado al mecanismo del trémolo, pudiera hacerse monótono, está inteligentemente vencido por la pericia de la técnica instrumental de sus elementos integrantes y por la rica gradación de matices y volumen sonoro que su Director sabe conseguir”

Nesta tempada, a actividade do mestre Lago non tiña vagar, alternaba seú traballo na Hacienda Pública, onde chegou a ser Jefe de Administración, cos ensayos da Orquesta e a mais daba clases de guitarra, bandurria y laúd na sociedad Fomento de las Artes.

No ano 1930 foi nomeado socio númaro 30 da Asociación Española de Concertistas e ofreceuselle o posto de catedrático de guitarra na cidade de Tetuán.

A Orquesta Ibérica tuvo duas fases: unha primeira que interrumpiría a Guerra Civil e unha segunda posterior deste feito, reaparecendo no ano 1940, unha vez finado este malfadado suceso e hasta o ano 1965.

A sua vinculación coa bisbarra do Val Minhor e ben salientante ao compor o pasodoble Gondomar que foi estreado o 5 de abril de 1936 abríndo o concerto que a Banda Municipal de Madrid realizóu no Parque del Retiro baixo a dirección de D. José María Martín Domingo que cedeulle a batuta a Germán Lago.

Nesta primeira fase da orquesta foron grabados na marca Odeón a “Serenata de la Fantasía Música” de Ruperto Chapí e o “Capricho Arabe” de Francisco Tárrega.

Na segunda fase incorporarianse nomes da relevancia de Manuel Grandío (concertino), Gregorio Rubio, Santiago Nebot, e os hirmans Ernesto e Claudio Tabernero.

Lago rechazóu unha oferta da Falange Española para incluír a Orquestra ao Movimiento Nacional e apoyase no mecenazgo de seus amigos galegos entre os que se encontraba o LAR GALLEGO que lle ofrecía seus locales para realizar os ensayos dende as 10h as 12h da noite varios días da semana.

Despois os ensayos foron realizandose en outros locales (na rua Farmacia, na praza de Santa Ana, ou na rua Imperial nun local compartido coa Banda Municipal de Madrid).

A reaparición da Orquesta no ano 1940 foi acollida por críticas favorables nos diarios mais sobresaintes coma o:

YA, 8 de octubre de 1940
“Francamente interesante es la audición de las obras españolas antiguas por ser desconocidas del público y encerrar un valor que debe enorgullecernos. Y las transcripciones del maestro Lago son muy acertadas, teniendo un gran sabor en los instrumentos de pulso y púa, que semejan a veces una vihuela, a veces un clavecín. Debe difundirse esta música, y para ello no debería faltarle ayuda a la Orquesta Ibérica y su entusiasta director”.
José María Franco

DIGAME, 7 de octubre de 1940
“He tenido ocasión de escuchar un concierto a la más españolisima orquesta que pueda imaginarse. Ciertamente, no es nuevo este intento del gran artista y director Germán Lago; era jovencito y tenia el pelo rizado cuando comenzó a
Hacer pinitos orquestales, formando grupos más o menos nutridos. Cuarenta profesores constituyen la Orquesta Ibérica, entre laúdes y guitarras. Bandurrines chiquiticos que suben a la estratosfera, bandurrias estudiantiles, laúdes altaneros y masa de guitarras, todo ello estupendamente guisado y servido; logrando una sonoridad llena, aunque jamás agria, y obteniendo preciosos detalles de finura y delicadeza.”Cantigas” del siglo XIII, “Variaciones” de Narváez, “Danzas” de Gaspar Sanz. En fin, lector, que fuimos saltando de siglo en siglo, hasta llegar a nuestra aperreada época. Pero ilustre músico, ¡Usted no es un Lago, es un mar: el Pacífico!”
Joaquín Turina

INFORMACIONES, 2 de enero de 1949
O diario desa data pubrica na portada unha foto da Orquesta e o texto siguiente:

“MÚSICA DE PULSO Y PUA. El Maestro Lago y la Orquesta Ibérica de Madrid, como los nobles del siglo XVI, 40 madrileños tañen laúdes y guitarras. Gracias a ellos escuchamos partituras que oyó el Emperador Carlos V, Felipe II y la Corte Imperial”.

Tamén no ámbito internacional houbo repercusións como a que recollendo as impresións de Kart Wecher, director do Hollywood Bowl, uns dos locales de concertos máis importantes do mundo, que escoitou a orquesta invitado polo Dr. Vallejo Najera, o diario LOS ANGELES TIMES manifestaba que as duas grandes impresions que se había levado de España eran:”La colección de Stradivarius del Teatro Real y la Orquesta Ibérica de Madrid”.

Por mor das boas criticas e os logros artisticos acadados, o Ministerio de Educación y Ciencia concedelle unha subvención de 60.000 ptas. anuais pro non conseguiu axudas para dar concertos en países que a invitaban como Suiza, Holanda, Suecia,…..


No ano 1957 ofreceu a sua derradeira actuación importante no Instituto de Cultura Hispánica.
Anos mais tarde da sua desaparición o musicólogo Padre Federico Sopeña lembrandose da Orquestra escribía:

“Hace ya siete años, es decir , en el año inolvidable, fecundo y alegre del “Concierto de Aranjuez”, Regino Sainz de la Maza nos llevó a un local de ensayo situado no se donde. Se trataba , nada menos, que de una orquesta de “instrumentos españoles”; para mí, en plena fiebre, Dios me la conserve, de antipintoresquismo, aquello era una invitación para el recelo y aun el desprecio. Al día siguiente le contaba mi impresión a D. Eugenio D’Ors. Esto es maravilloso: bandurrias, guitarras, interpretando la música española menos pintoresca, música de vihulistas, de Cabezón, de franceses e italianos también, cuya transmigración desde el laúd se conseguía jugosa y llanamente. Aquella orquesta desterraba ese sonido metálico e hiriente que suele hacer de las rondallas polo enemigo de ternuras y delicias: aquella orquesta, y esto era lo importante, buscaba un repertorio nutrido del fondo más recóndito y característico de nuestra música nacional, ese meollo que uno ya no sabe si es así o si así lo soñamos: autenticidad y hasta popularismo, pero con buen aire de europea ciudadanía. Aquella orquesta que dirigía el maestro Lago, se fue, casi nonata, por nuestra desidia y por la elegante incapacidad para el machaconeo y para la intriga de su fundador. Así, con muy escasa conciencia de la pérdida, se esfumaba la maravillosa posibilidad de un instrumento único”.


Germán Lago pasaba as vacaciones do verán no seú querido Val Miñor, case sempre no hoxe desaparecido, Bar Chaín de Gondomar que estaba ao carón do rio Zamanes e perto do antigo campo da feira das Gayandas.

Nas derradeiras tempadas hopedabase no Bar Galicia da Ramallosa onde sentado na terraza el e súa dona, Cristina Ortega Collantes coa que casara xa de maior, pasaban as tardes.

Non tuvo fillos e viviu moi modestamente nuha casa de aluguer na rua Juan Tornero 41 de Madrid onde finou as doce horas do 19 de diciembro do ano 1967 e foi enterrado no Cementerio de la Almudena.

Na acta de defunción, consta como causa de defunción: Colapso cardiaco. Cancer de pulmón

A o deceso de tan ilustre músico, tan vinculado ao Val Miñor, o tamben vinculado a esta bisbarra, o ilustre Padre Dominico, Fray Manuel Mª Martinez OP, que sobresalientou nos estudios e biografias de Fray Bartolome de Las Casas, uns dos mais polemicos protagonistas da colonización das Americas, escribeu esta sentida semblanza para ser pubricada nun diario da rexión, causa que nunca chegou a facerse:

“Ha muerto un ilustre músico miñorano”

Hallé la triste noticia en “ABC” de 26 de diciembre en la esquela mortuoria que dice así, en sustancia: “Don Germán Lago Durán, Director que fue de la “Orquesta Ibérica de Madrid”, Funcionario del Ministerio de Hacienda, jubilado, ha fallecido….”.

Pocos de sus paisanos habrá que lo recuerden a causa de su avanzada edad y de su prolongada estancia en Madrid, solo interrumpida de tarde en tarde con alguna carta vacación.
Pero ¿quién no le conocía a principios de siglo en todo el Valle Miñor y en muchas leguas a la redonda? Yo lo recuerdo en los años de su mocedad cuando asistía a diario a la clase de solfeo y luego de piano con el maestro Urbano Vernet en Bayona, haciendo el recorrido a pie desde La Ramallosa cuando la bicicleta aun era un lujo.

El dominio de la música que llego a adquirir puede calificarse de prodigioso.
No hubo instrumento que se le resistiese. Lo mismo tocaba el armonio que el violín o la flauta formando parte de las orquestas que solían solemnizar ciertas fiestas religiosas, que se sentaba al piano para un baile o para amenizar una fiesta de sociedad.

Pero fue en el manejo de los instrumentos de pulso y púa donde sobresalió su arte por modo excepcional. Plagiando a Curros Enríquez en “ O gueiteiro de Penalta”, podía decirse de Germán Lago: “¡O que él tocando sabía”! - ¿O que él cos dedos podía – nunca guitarra fager!”.

Mas no lo hizo para sí solo, porque fueron innumerables los aficionados a quienes enseñó y no pocas las rondallas que formó y dirigió en el Valle Miñor por un buen espacio de años; rondallas para las serenatas, para los bailes, para las fiestas de Navidad, Año Nuevo y Reyes y especialmente para las comparsas de Carnaval que solían organizarse en Bayona en los primeros años del siglo. Una de éstas alcanzó un éxito enorme, no solo en el Valle, sino también en su visita a Vigo y otras poblaciones de Galicia.

((Evocando conmigo estos recuerdos el amigo Germán el verano de 1960 en La Ramallosa, contaba la siguiente anécdota relativa a dicha comparsa. La dirigía el también músico, y por otros conceptos famoso, José María Barreiro, autor de la letra y adaptador de la música. Respondiendo a su título de “Guardia Mora”, se aludía en algunas de sus canciones a la guerra que sostenía por entonces el Sultán de Marruecos contra las cábilas insurgentes que acaudillaba un moro llamado el Roghí. La estrofa de la Jota, decia así: “Si es prisionero el Roghí – de las tropas del Sultán – entrará en Fez enjaulado – como un feroz animal”. Y el hecho fue que José María Barreiro resultó profeta, porque al poco tiempo el Roghí fué hecho prisionero y, enjaulado o no, entró en Fez y fue ejecutado)).

Mucho fue lo que Germán Lago contribuyó, con su enseñanza y con sus rondallas, a la difusión de la cultura musical e incluso al fomento de amistosas relaciones entre las gentes y los pueblos del Valle, pero su mérito y valer personal iba a ser en Madrid donde se revelaría por modo espléndido al llevar a cabo la magna empresa de crear de la nada por su propio esfuerzo y amor al arte, la gran “Orquesta Ibérica”, gala que fue de la capital de España y nunca en toda ella igualada ni de lejos, antes ni después de él, por ninguna otra agrupación musical similar.
Magna empresa, hemos dicho, y merece ese dictado la improba labor de la previa captación de voluntades y aptitudes, de preparación y adiestramiento de un numeroso grupo de elementos, de transcripción de partituras a distintas claves y tonos para los diversos instrumentos, varios de los cuales necesitó diseñar y construir ex profeso a fin de alcanzar la extensa tesitura de la orquesta normal, condición indispensable para poder adaptar a la de su creación no pocas páginas de las mas célebres obras musicales.
De la maestría técnica que demostró en la distribución y acoplamiento de las diversas cuerdas instrumentales, de la potencia sonora, brillantez y colorido que logró de todo el conjunto, así como la gradación de matices y, en fin, de la acabada perfección de sus interpretaciones, se hicieron lenguas los críticos musicales de la prensa madrileña.

En cuanto a los géneros de música por él cultivados, aparte de los clásicos y románticos de los últimos siglos, dió a conocer, acaso el primero en España, no pocas páginas, verdaderas filigranas, de los madrigalistas del S.XVIII si bien, por la índole españolísima de los instrumentos de pulso y púa de los que constaba exclusivamente su Orquesta, fue con la ejecución de las obras de nuestros grandes autores, Albeniz, Falla, Granados y Turina donde alcanzó los mayores éxitos de público y crítica. Todo un artista y una gloria auténtica de la música española y de quien su tierra natal puede sentirse legítimamente orgullosa.”

O rosel deixado por la súa labor:

Cuarteto Aguilar.
Estudian música e instrumentos de púa con Minguella e Germán Lago.
No ano 1923 fundan o cuarteto formado por Ezequiel (laudín), Pepe (laudete), Elisa (laúd) y Paco Aguilar (laudón).
E a primeira agrupación de plectro que incorpora el laudón y el laudete.

Manuel Grandío.
Nace o 28 de xulio de 1920 na La Habana (Cuba) e finou o 20 de abril de 1979.
Formou parte de la Orquesta Ibérica na que chegou a ser concertino.
Posteriormente, dispois de desfacerse a Orquesta Ibérica, forma a Orquesta de la Asociación Española de Pulso y Púa que máis tarde se chamará Orquesta Gaspar Sanz.

Orquesta de Plectro “Germán Lago”.

A “Orquesta de Plectro Germán Lago” de Portillo (Valladolid), foi fundada no ano 1990 polos alumnos da escola de música Andrés Segovia de Portillo, a proposta de Jesús Gutiérrez Lebrero. No ano 2000 troca a sua denominación anterga (Orquesta de Pulso y Púa Andrés Segovia) pola actual.
Actualmente e un grupo de vinte membros de diversas edades.

Juan Alonso Villalvilla.
Descende de familia de músicos que o iniciaron no estudio de la guitarra a os catro anos de edad: tanto seu pai como sua mai, formaron parte da mítica Orquesta Ibérica de Madrid, por desgraza hoxe desaparecida.

Certámenes de plectro Germán Lago.
Cabe salientar a organización dos “Certámenes de plectro Germán Lago” desde o ano 2002; coa participación dos grupos máis importantes da España. (Fundación Joaquin Diaz – Museo de instrumentos musicales en UREÑA)

Obras de Germán Lago Durán:

Composicións:
Cantares de Asturias: Rapsodia
Chispero
Gondomar: Pasodoble
Lembranzas
Meu fillo
Verónicas y faroles: Pasodoble torero

Arranxos y Adaptacións:
Amparito Roca: Pasodoble de Jaime Texidor
Andaluza: Danza nº 5 de Enrique Granados
Aragonesa: Jota de R. Morena
Badajoz canta: Pasodoble de Bonifacio Gil
Bolero de Bunyola: Adaptación de Renato Morena
Bosques de Viena: Valses de Johann Strauss
Canción de Solveigs de Peer Gynt: Suite II de E. Grieg
Canción india
Carrascosa: Pasodoble de Jaime Texidor
Coro de repatriados: De M.F. Caballero
Dame un clavel (Clavelitos): Vals del maestro Monreal
Danubio azul: Vals de Johann Strauss
Danza húngara nº 5 de Brahms
Debajo de tu ventana: Vals adaptación de Renato Morena
El baile de Luis Alonso: Intermedio de J. Jiménez
El barberillo de Lavapies: Selección de F.A. Barbieri
El carnaval de Venecia: Vals de N. Paganini
El fallero: Pasacalle de José Serrano
El guitarrito: Serenata de A. Pérez Soriano
El señor Joaquín: Balada de M.F. Caballero
El silbidito: Adaptación de Renato Morena
El sitio de Zaragoza: Fantasía militar de C. Oudrid
En la noche perfumada: Vals de Ernesto Lecuona
Estudiantina: De Ernesto Lecuona
Estudiantina de Madrid: Pasacalle de Ricardo Freire
Fonseca: Vals adaptación de R. Morena
Gallito: Pasodoble de Santiago Lope
Gigantes y cabezudos: Jota de M.F. Caballero
Humoresca: op. 101, nº 7 de Antón Dvorák
Ifigenia en Aulida: Gavota de C.W. Gluck
L’entrá de la murta: De S. Giner
La alegría de la huerta: Selección de Chueca
La boda de Luis Alonso: Intermedio de J. Jiménez
La criolla: Habanera sobre motivo popular
La Dolores:Jota de Tomás Bretón
La estudiantina canta: Pasacalle de A. Carmona
La gracia de Dios: De R. Roig
La Gran Via: Selección de Chueca y Valverde
La paloma: Habanera de S. Iradier
Largo de la opera Jerjes: G.F. Haendel
Las cintas de mi capa: Pasacalle Enrique Villillas
Los tunos rondadores: Pasodoble de Julián Pinilla
Leyendas de los bosques de Viena: Vals de Johann Strauss
Luchando tercos y rudos: De M.F Caballero
Marcha militar op.51, nº1: De F. Schubert
Marcha nupcial de El Sueño de una noche de verano: De F. Mendelsshon
Marcha nupcial de Lohengrin: De Ricardo Wagner
Marcha turca de la sonata en la mayor: De W. Amadeus Mozart
Margarita: Marcha de Enrique de Ulierte
Maruxa: Preluio del 2ºacto de A. Vives
Mi bella Aurora: Vals de Renato Morena
Minueto de “Noche musical”: De W. Amadeus Mozart
Minueto en sol: De L. van Beethoven
Minuetto: De G. Bolsón
Momento musical op. 94 nº 3: De F. Schubert
Olas del Danubio: Vals de J. Ivanovici
Oriental: Danza española de Enrique Granados
Pan y toros: Pasacalle de F.A. Barbieri
Per tu ploro: Sardana de Pep Ventura
Piropos de la tuna: Vals de Julián Pinilla
Pisa mi capa: Pasacalle de Julián Pinilla
Polonesa de la suite en si menor: De J. Sebastián Bach
Rondalla: noche de estrellas: Vals de Alfonso Esparza Otero
Rondalla aragonesa: Danza nº 6 de Enrique Granados
Rondalla estudiantil: Pasodoble de M. Jiménez Ocaña
Rondó de la suite en si menor: De J. Sebastián Bach
Rosas del sur: Vals de Johann Strauss
Santa Lucía: Napolitana adaptación de Renato Morena
Serenata del cuarteto op. 3, nº5: De F.J. Haydn
Sobre las olas: Vals de Juventino Rosas
Soy de Santurce: Adaptación de Renato Morena
Torre Bermeja: Serenata de Enrique Granados
Universitarios: Pasacalle de Renato Morena
Valencia: Marcha de José Padilla
Oriental: Danza española de Enrique Granados
Vals nº 6: De W. Amadeus Mozart
Vida de estudiante: Pasacalle de J. Pinilla
Vito: Pasodoble flamenco de S. Lope

(As partituras das obras reseñadas enriba están no fondo da Biblioteca Nacional)

A EDITORIAL MUSICA MODERNA publicou mais de 250 obras de Germán Lago (Composiciones, Arreglos, Metodos,…..).
Lamentabelmente, desaparecida a Editorial fai anos, non e posibel atopar ningunha das suas obras.

Grabacións da “Orquesta Ibérica de Madrid”:
Agua, azucarillos y aguardiente: Fantasía de Federico Chueca Robles –Transoceanic Trading Cº -1931
Agua, azucarillos y aguardiente: Fantasía de Federico Chueca Robles –Cia. Del Gramófono Odeón -1940
¡Airiños, aire! y Festa n’a tolda: Rapsodias gallegas de Gustavo Freire –Cia. Del Gramófono Odeón -1930
La Tempranita: Fantasía de Jiménez e Himno a la Exposición de Valencia: De Serrano –Cia. Del Gramófono Odeón -1929
La viejecita. Minué, Al espejo al salir me miré: De Manuel Fernández Caballero –Cia. Del Gramófono Odeón -1951
Marcha turca: De W. Amadeus Mozart y Momento musical: De Schubert –Transoceanic Trading Cº
Orquesta Ibérica de Madrid – Selección:
(La Verbena de la Paloma/Bretón; La viejecita/ Caballero; La Dolores, Pasacalle, Jota, Garín y Sardana/ Bretón; Fantasia morisca/ Chapí; Capricho árabe/ Tárrega Garín) –Columbia -1958
Orquesta Ibérica de Madrid – Selección:
(Cantares de Asturias/ Germán Lago; La mesonera de Tordesillas/ Moreno Torroba; Guitarras y bandurrias/ Soutullo y Vert; Viva Navarra/ Larregla; El sombrero de tres picos, Danza delmolinero/ Manuel de Falla; Tamborcillo de Navidad, Muérdago y La carrasquilla/ Guridi; Farruca/ Muñoz Molleda; Paño murciano/ J. Nin; Rústica y Calesera/ Joaquín Rodrigo; Gavota/ Tárrega) -Columbia -1958
Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 1:
(Sevilla, Granada y Cádiz/ Albéniz;Villanescas/ Granados; Estudiantina/ Turina; Agua, azucarillos y aguardiente/ Chueca; L’entrá de la murta/ Giner; Chispero, Verónicas y Faroles y Gondomar/ Germán Lago) –Columbia -1972
Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 2:
(La Dolores, Pasodoble, Jota, Garín y Sardana/ Bretón; Fantasía morisca/ Chapí; Capricho árabe/ Térrega; La verbena de la Paloma/ Bretón) –Clumbia -1972
Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 3:
(El sombrero de tres picos. Danza del molinero/ Manuel de Falla; Tamborcillo de Navidad, Múerdago y La Carrasquilla/ Guridi; Paño murciano/ J. Nin; Caleseras/ Joaquín Rodrigo; Gavota/ Tárrega; Cantares de Asturias/ Germán Lago; La mesonera de Tordesillas y Pavana/ Moreno Torroba; Guitarras y bandurrias y Schottish/ Soutullo y Vert; Viva Navarra/ Larreta) –Columbia -1972
Orquesta Ibérica de Madrid – Selección nº 5:
(La oración del torero/ Turina; Miniaturas medievales/ Muñoz Molledo) –Cia. Del Gramófono Odeón -1958
Orquesta Ibérica de Madrid – Selección nº 6:
(Asturias y Córdoba/ De Cantos de España/ Isaac Albéniz) – Cia. Del Gramófono Odeón - 1958
Pan y toros y El barberillo de Lavapiés: Fantasias de Barbieri –Cia. Del Gramófono Odeón -1929
Serenata de la Fantasía morisca: De Ruperto Chapí y Capricho árabe: De Tarrega –Transoceanic Trading Cº -1931
Verónicas y faroles: Pasodoble de Germán Lago y Gigantes y cabezudos: Jota de Manuel Fernández Caballero –Transoceanic Trading Cº -1931
Villanesca: de Danzas españolas: De Enrique Granados y Cádiz: De Isaac Albéniz –Cia. Del Gramófono Odeón -1952

(As grabacións das obras reseñadas enriba están no fondo da Biblioteca Nacional)

Da Orquesta Ibérica de Madrid foi publicado un álbum con tres discos de vinilo grabado na marca Regal con todas as partituras adaptadas por Germán LAGO e co contido seguinte

Selección nº 1

Cantiga Galaica. (Siglo XIII): Anónimo
Cantiga de Alfonso X, El Sabio: (1252-1284) Códice nº 169 (Virgen de la Arrixaca).
Pavana y Romanesca. (Siglo XVI): De Alfonso Mudarra
Diferencias. (Siglo XVI): De Luis de Narváez
Chacona y Canario. (Danzas del Siglo XVII): De Gaspar Sanz ,1640-1710
Minué cantado: De José Bassa, 1670-1730
Sonata nº 10: Del Padre Antonio Soler, 1729-1783
Sonata en re: De Mateo Ferrer, 1788-1864
Bolero. (Siglo XVIII): De Fernando Sor

Selección nº 2

Suite en mi menor. (Air Tendre, Courante et Guige): De J.B. Lully, 1633-1687
Rigaudon, Músete, en Rondeau et le Tambourin: De Jean Philippe Rameau, 1683-1765
La ronda baquica: De C. Daquin, 1694-1772
Pavana, Gallarda y Victoria. (Variaciones): De William Byrd, 1543-1623
Suite en mi menor. (Zarabanda, Gavota, Minueto, Bourré y Giga). (Siglo XVII): De Robert de Visëe
Zarabanda, Siciliana y Rigodon: De F. Francoeur, 1698-1787

Selección nº 3

Asturias. (Leyenda): De Isaac Albéniz, 1860-1909
La oración del torero. (Versión original): De Joaquín Turina, 1882-1949
Negra sombra. (Balada gallega): De Juan Montes, 1840-1899
Cordoba. (De “Cantos de España”): De Isaac Albéniz, 1860-1909
El amor brujo. (Romance del pescador): De Manuel de Falla, 1876-1947
Danza de la pastora: De Ernesto Halffter
Miniaturas medievales. (La bella cautiva de la torre, Canción de amigo y Juglaresca): De Muñoz Molleda

Bibliografía:
Los instrumentos de púa en España. Juan José Rey – Antonio Navarro . Alianza Editorial.

Agradecementos:
Federación Española de Guitarra e Instrumentos de Plectro.
C/Servando Batanero 35, 3ºD 28017 Madrid (España).
Tf/Fax 91- 408 82 06.
www.fegip.

Antonio Cerrajería Arza, Presidente de Fegip.

Antonio Navarro, coautor do “ Los instrumentos de púa en España” e bandurrista do “Cuarteto Paco Aguilar”.

Claudio Tabernero, formou parte de Orquesta Ibérica e agora forma parte do “Grupo Ibérico de Madrid”.

José Manuel Velasco Martín, socio do Fegip.

Biblioteca Nacional
Paseo de Recoletos, 20-22
28º71 Madrid
www.bne.es

(Este escrito foi pubricado no Nº 6/7/8 da Revista do Instituto de Estudos Miñoranos IEM)