8 de julio de 2011

XESÚS VALVERDE ALONSO



PERSONAXES DO VAL MIÑOR
(1925-1993)


SUA ANDAINA PERSOAL

Xesús Valverde Alonso naceu en Vigo, a o carón do Castro, nunha vila chamada “Vila María”, hoxe convertida en Sanatorio Maternal, da rúa Romil, onde moraban seus pais, que logo pasaron a morar no barrio de Peniche, na rúa Tomas A. Alonso. As súas raíces, nembargante, son da bisbarra do Val Miñor. Seu avó paterno naceu en San Pedro da Ramallosa nunha casa que el converteu na súa morada e taller de traballo, a avoa paterna era de Sabarís, e os avós maternos de Couso e Morgadans, os pais naceron en Gondomar e tiveron de sempre casa na Ramallosa.

Sentado cos irmáns Anxo, Xosé e María Luisa (Foto Pacheco)

Comezou os estudos no colexio dos HH. Maristas, pero logo mostrou a súa irrefreable inclinación polo arte que ao tempo o afastaba da rutina duns estudos que non lle amosaban ningunha saída ao inquietante mundo da creación. É foi seu tío Xesús, que caíalle un ollo por el, non porque lle pescase con fisga sollas no río Miñor nos derradeiros días do verán, se non porque era grande amante das artes, sobre todo da música pois xa de mozo tocaba a frauta traveseira no Orfeón a Lira de Gondomar que dirixía o ilustre miñoran Germán Lago, e creador de utopías de progreso incluso industriais e comerciais; foi seu tío Xesús, dicía, quen convenceu ao pai, para que o deixase ir para Madrid a estudar escultura na Escola de Belas Artes, dándolle acubillo na súa casa.
O mérito para tales proposicións era un baixo-relevo, feito en escaiola, da cabeza dun cabalo, que o pai de Xesús admiraba pero non ata o extremo de que aquilo fose motivo para variar o plan educativo que estimaba debera seguir e solo deu súa aprobación co a promesa de Xesús de acabar, cando menos, o bacharelato, promesa que cumpriu.
Así comezou, co ingreso na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, no ano 1941 o seu compromiso vital co arte.
Co motivo do obrigado cumprimento do Servicio Militar foi destacado a Tetuan (Marruecos Español naquela época) coma alférez de complemento ao haber feito as Milicias Universitarias.
Alí sofre un accidente de tráfico viaxando con uns amigos, tamén de Gondomar, que lle deixa unha longa cicatrice no lado esquerdo da face, dende a cella ata o ombreiro pasando polo pescozo, da que contaría mil e unha historia de amoríos, celos e vinganzas, ou de alardes, como que fora “xogando ao touro” que alporizaba e atraía maiormente as mozas, estranxeiras ou non.

Os estudos na Escola de Belas Artes cúmprenlle para coñecer o oficio a fondo e para crearlle a inquedanza de coñecer, de querer ver, o que ao longo do tempo fixeran os grandes artistas, ou o que agora estaban a facer os artistas actuais. Así é que, apesares das dificultades que tiñan os españois para viaxar ao estranxeiro na aqueles difíciles anos de 1951, co patrocinio de seu pai que, aínda que teimase que “non era cousa de grande futuro económico”, gabábase no seu interno, por non dicir que “lle caía baba”, financiou os gastos coa mediación das Ordes Relixiosas, neste caso os Carmelitas, que facían de entidades bancarias collendo cartos aquí e entregándoos no estranxeiro, marchou a coñecer as belezas artísticas que gardaba e amosaba Italia, Francia ou Gran Bretaña, tomando como base dos percorridos Roma, París e Londres.
De volta de este periplo polo estranxeiro, reponse fisicamente dos estragos dun viaxe tan cheo e emocións e circunstancias. O pai non deixa de pensar na rendibilidade que Xesús lle pode sacar á súa arte e móntalle un taller en Vigo, na fabrica de vidro Vidrios de la Florida. Nada fai en vidro pero instala un forno para traballar na cerámica. Con esta técnica crea as pezas con motivos de paspallás que foron instaladas nos locais do Aero Club de Vigo, de peixes e paxaros na tenda de Calzados Chavalín na rúa do Principe, ou dun galo no xardín do edificio da rúa Concha Espina nº 13 de Madrid, entre outros. Nesas datas vénse da Arxentina a ceramista Elena Colmeiro, filla do pintor Manuel Colmeiro, nada en Bos Aires, e comeza a traballar co el no taller e cásanse no ano 1960.

Logo de casado volve a Madrid onde nacen tres fillos: Elena, no ano 1962, Alba no 1964, e Xesús no 1967. Vive e traballa na rúa Las Cañas onde tamén teñen estudio seus amigos escultores Venancio Blanco, Joaquín García Donaire e Cesar Montaña cos que xa coincidira noutros estudios que había na rúa María de Molina e que, xuntos, participaron en moitas exposicións.
Viaxa a EE.UU. no 1968 visitando as cidades de New York, que lle produce un grande impacto, e California.

Con seus amigos: Os pintores Rafael Reyes, Ricardo Macarrón e Ramiro Ramos, as donas dos dous primeiros e José

Nunca deixou de vir A Ramallosa a pasar tempadas na casa dos pais, nos veráns e festas familiares, pero o ano 1967 merca o eido que fora do bisavó no alto da Romana, enriba do de seus pais, cunhas marabillosas vistas ao val e o río Miñor, arranxa e remova a casa reservándose a alcoba onde nacera o bisavó para dormitorio seu e construíndo un estudio que verá nacer e desenvolver moitas das súas obras, e pasa nela longas tempadas que alterna con outras nunha nova casa de Madrid na rúa López de Hoyos 324 que mercou e arranxou no ano 1980 con vivenda e estudios para el e para a muller, con forno para cocer a cerámica, ata que no ano 1987 el vaise vivir á rúa do Oso nº 29, no madrileñisimo barrio de Lavapiés, a carón do famosísimo mercado de velleiras do Rastro.

No ano 1993 ocorre seu pasamento e é enterrado no cemiterio de San Pedro da Ramallosa xunto coas cinzas do avó Ánxo Valverde Sayanes.


SUA ANDAINA PREFESIONAL

Independentemente das primeiras tallas e modelados de seus anos mozos e os realizados no tempo de estudos na Academia de San Fernando, ano 1960 por primeira vez, amosa a súa obra na Sala do Prado do Ateneo de Madrid. Nela recollese o camiño que dende o “realismo” movese cara o “figurativismo”.
Nos anos seguintes, na década dos sesenta, sigue amosando súa obra non só en España senón tamén no estranxeiro; no ano 1961 participa na Exposición “Arte Actual” da Galería Darro de Madrid; no ano 1962, tamén por vez primeira, amosa a súa obra no estranxeiro participando na Exposición “Petit Bronce” en París.
No ano 1964 acada a Segunda Medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes.

Xunto aos escultores: Venancio Blanco, Joaquín García Donaire, César Montaña, e despois José Carrilero y Benjamín Mustieles, deciden unirse para amosar xuntos a súa obra e asi abrirse camiño no panorama artistico madrileño. O grupo foi nomeado pola critica como “Nueva Figuración”. Con eles participa na Exposición de “Seis escultores” en Madrid. E de novo leva súa obra ao estranxeiro para a Exposición “Escultura Contemporánea” en Nova York (EE.UU.).
Tamén, co grupo, participa no ano 1965, na Exposición “6 Escultores” organizada pola Galería Libros de Zaragoza.
Participa na “III Bienal de Zaragoza” acadando a medalla de bronce da sección de escultura. A Fundación Juan March concedelle e noméao bolseiro, e a Seguridade Social encargalle unha escultura de bronce dunha femia recostada (1,25x1,40x2,50), “Maternidad”, da que funde 3 pezas instalando unha delas no Hospital de Valencia o ano 1966 no que volve a expor na Galería Kreisler de Madrid, e de novo volve a amosar seus traballos no estranxeiro participando na “VI Bienal de Alexandria” (Egipto). Fai unha “Maternidad” en pedra para o barrio de San Blas de Madrid. E participa na Exposición “Escultura al Aire Libre” celebrada en Madrid.
Tamén no ano 1967 volve a expor no estranxeiro, na Galería Ni da Haia (Holanda). E acada o cobizado Primer Premio Nacional de Escultura.
No ano 1968, expón na Galería Theo de Madrid e no “I Salón de Escultura Contemporanea” de Barcelona. Realiza unha “Figura” en pedra para o Museo de Escultura Contemporanea de Barcelona. De novo leva obra ao estranxeiro para participar na “Exposición de Escultura Española” en Oslo, e na “X Bienal de Middelhein” celebrada en Amberes.
Comeza no ano 1970 outra decada de intenso traballo coa participación na “III Exposición “Pequeño Bronce Internacional” en Madrid. No 1973 encargaselle a “Figura de atleta” para o Pazo dos Deportes de Vigo, que foi nomeada despois coma “VIGO Homenaxe á xuventude”.

En 1974 expón na “Escultura ó Aire Libre” no Club de Golf de Madrid e xunto cos tamén escultores Venancio Blanco, Joaquín Garcia Donaire, Cesar Montaña e os parentes mexicanos deste último , Juan Garcia Rodes y Juan Garcia Ponce, abren na praza Maior de Madrid a Galeria Ponce, e cunha exposición das suas obras sendo a primeira vez que un grupo de escultores fan acto de presenza na vida cultural coma galeristas. Nela amosan ao pubrico, non só a súa obra escultorica, tamén a de Garcia Condoy, Fenosa, Mateo Hernandez, Alberto, Gargallo, Manolo Hugué, Gonzalez, e outros. Asemade, a obra de pintores coma: Bores, Arroyo, Oscar Dominguez, Fin (sobrino de Picaso). Participa na exposición “Pequeñas esculturas de grandes Escultores” na cidade de Granada.
Logo no 1975, expón na Galería Ruiz Castillo de Madrid e na mostra “Cincuenta anos de escultura” na Galería Biosca de Madrid.
Presenta súa obra no Palacio de Exposiciones y Congresos de Torremolinos no 1976 e no 1977 participa na “VI Bienal dos Deportes de Madrid”, e volve a expor na Galería Ponce de Madrid.
En 1978 expón na Caixa de Aforros de Vigo. Na rúa General Rodrigo de Madrid, na Clinica de la Luz, coloca, na entrada, unha “Maternidad”, que forma parte dunha edición de tres pezas iguais fundidas no ano 1966 e das que outra se instalara nun centro hospitalario de Valencia.
En 1979 de novo amosa na Caixa de Aforros de Vigo unha mostra de debuxos.
Comeza a década dos 80 acadando o Premio Cáceres de Escultura. Facendo unha “Figura”, en pedra rosa da canteira do Porriño, paro o Museo Español de Arte Contemporaneo de Madrid. O 81, expondo na Galería Citania de Santiago de Compostela. No 82 vólveselle a conceder o Premio Cáceres de Escultura e fai unha “Maternidad” en bronce para o Banco Urquijo.
No ano 1983, instalase unha “Figura femenina” formando parte dunha serie de esculturas e mosaicos decorativos feitos no Poblado Mínino de Vallecas de Concello de Madrid, con motivo da súa remodelación na que se puxo especial atención na creación de espaz para a convivencia. Ésta monumental figura femenina (1,80x1x0,80) realizada en bronce, esta posta nos soportais do nº 20 da travesia de Felipe de Diego.
No 84 expón no Centro Cultural Conde Duque de Madrid, e no 85 participa na exposición “Cinco Escultores” de Salamanca y Palencia amosando dibuxos e seis pezas feitas no ano anterior.
En 1987 expón na Casa de Piedra de Quintanar de la Orden e participa no Museo de Pérez Comendador de Cáceres e é no 1988 cando amosa a nova tendencia que preme a súa obra nunha exposición no Centro Cultural de Lavapies do Concello de Madrid.
No 1989 expón no Centro Cultural de Baiona (Pontevedra). Aproveitando súa estancia na Ramallosa, fai unha figura de pedra para o Centro B.U.P. Os Rosais, Rua Coutadas 54 de Vigo.
E unha de bronce para a Xunta de Obras do Porto de Vigo, que chama “Homaxe á muller viguesa”.
Participa na exposición “Madrid, el arte de los 60”, organizada no ano 90 pola Consejería de Cultura de la Comunidad Autonoma de Madrid. E falando de si mesmo, no libro J.Valverde editado pola Excma. Diputación Provincial de Pontevedra no 1991, dí: “….en este momento utilizo toda una diversidad de materiales dados a priori por la técnica e intento llevarlos a un espacio espiritual más allá de lo físico en el cual comunicarme con los demás y con el Universo.”
A escultura de bronce nomeada “Familia” (2x2x0,90), que realizou no 1980 foi instalada na rúa Arturo Soria co motivo da Capitalidad Cultural de Madrid no ano 1992, xunto a outras tres obras dos escultores do grupo Nueva Figuración -Venancio Blanco, Joaquín García Donaire e Cesar Montaña.
E na Casa das Artes de Vigo fai a derradeira exposición da sua obra.
EXPOSICIONS
1960 *"jesús valverde” Ateneo de Madrid.
1961 “Exposición de Arte Actual". Galeria Darro. Madrid.
1962 “Expos. Nacional de Bellas Artes 1962". Madrid.
“Exposition Internationale de Petit bronze". Museé D' art Moderno. Paris.
1964 "Seis Escultores". Dirección General de Bellas Artes. Madrid.
“Exposición Nacional de Bellas Artes 1964”. Madrid.
"Escultura Contemporánea en Nueva York". Nueva York.
1965 "III Bienal de Pintura y Escultura Premio Zaragoza". Diputación Provincial de Zaragoza.
**"Seis Escultores". Galería Libros. Zaragoza.
1966 “Exposición” Galería Kreisler. Madrid.
“VI Biennale d’Alexandrie”. Museé Beaux Arts. Alejandria.
“Exposición Nacional de Bellas Artes 1966". Madrid.
“Escultura al Aire Libre”. Casa Americana en Madrid.
1967 "Exposite zes spaanse beeldhouwers". Galería Nouvelles Images.
La Haya.
“Exposición Nacional de Bellas Artes 1967". Madrid.
"Salón de Otoño". Madrid.
1968 “Esculturas. La Figura". Galería Theo. Madrid.
“I Salón de Escultura Contemporánea de Barcelona".Galería Mundi-Art. Barcelona.
1969 “X Bienal de Middélheim". Amberes.
"Escultura Española". Oslo.
1970 "III Exposición del Pequeño Bronce Internacional". Museo Español de Arte. Contemporáneo. Madrid.
1974 "Exposición”. Galería Ponce. Madrid.
"Pequeñas Esculturas de Grandes Escultores”. Granada.
"Escultura al Aire Libre en el Club de Golf”. Madrid.
“Escultura al aire libre”. Parque Municipal del Castro. Vigo.
1975 "50 Años de Escultura". Galería Biosca. Madrid.
“Exposición”. Galería Ruiz Castillo. Madrid.
“Escultura. Pequeño formato y obra gráfica”. Galeria Ponce. Madrid.
“Pintores y escultores gallegos de hoy”. Club Urbis. Madrid.
“Pequeñas esculturas de grandes escultores”. Banco de Granada. Granada.
1976 “6 Escultores Españoles". Palacio de Exposiciones y Congresos de Torremolinos. Málaga.
“Homenaje al escultor Nuñez Sole. 7 grandes escultores contemporaneos”. Galería Artis.
Salamanca.
1977 "VI Bienal Internacional del Deporte en las Bellas Artes”. Palacio de Expos. y Congresos. del Retiro. Madrid.
”Valverde”. Galería Ponce. Madrid.
“Nueve escultores contemporaneos”. Sala de Arte de la Torre Nueva. Zaragoza.
1978 “Valverde 1970-1977". Sala de Expos. de la Caja de Ahorros de Vigo.
1979 “Valverde. Dibujos 1975-1977”. Caja de Ahorros de Vigo.
1980 “Premio Cáceres de Escultura 1980”. Institución Cultural “El Brocense”. Diputación.
Provincial de Cáceres.
“Homenaje a Mateo Hernández. Escultora contemporanea”. Galería Artis. Salamanca.
“Plástica Gallega. Escultura”. Sala de exposiciones Caja de Ahorros Municipal de Vigo.
1982 "Xesús Valverde.Esculturas”. Galería Citania. Santiago de Compostela.
“Premio de Cáceres de Escultura 1982”. Diputación Provincial de Cáceres.
“Galicia: Panorama del Arte Moderno”. Banco de Bilbao. Madrid.
1984 “Exposición”. Centro Cultural Conde Duque. Madrid.
1985 “Cinco Escultores”. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Salamanca.
1987 “Exposición en la “Casa de piedra”. Quintanar de la Orden.
1988 ”Valverde.Veronesi”. Centro Cultural de Lavapies. Madrid.
1989 “Exposición”. Centro Cultural. Baiona.
1990 “Madrid, el arte de los 60". Cosejería de Cultura. Comunidad de Madrid.
1992 “Jesús Valverde. Escultura”.Casa das Artes. Vigo.
2008 “Escultura Española en la Fundación Eduardo Capa”. Olmeda de las Fuentes.
2011 "Xesús Valverde". Aula da Cultura-Instituto de Estudos Miñoranos IEM. Gondomar

LIBROS
1960 jesús valverde. "Cuadernos de arte del Ateneo de Madrid". Vivanco, L.F. Edit. Nacional. Madrid.
1991 J. VALVERDE 1985-1990. Manuela Sevilla. ( Servicio de Publicaciones Diputación de Pontevedra, 1991 ISBN 84-86845-78-5).
2002 ARTISTAS GALEGOS escultores (Figuracións-Abtraccións) Jesús Valverde. Antón Castro. (Edicións Nova Galicia ISBN: Tomo II 84-96070-05-0)
Tesina
1986 Jesús Valverde y su Escultura. Manuela Sevilla Mompo. Tesina de Licenciatura. Univ. Complutense de Madrid.

REVISTAS e JORNAIS

REVISTA DE ARQUITECTURA. Nº 29. "Invest. Abstracta en la escultura actual, 1951.
REVISTA DE IDEAS ESTETICAS. Nº 285. JOSÉ CAMÓN AZNAR."La escultura en la Plenitud de su volumen”. 1955.
REVISTA ARTES. Nº 54. ANGEL CRESPO. "Seis escultores”. 1964.
REVISTA BELLAS ARTES. Nº 31. ROSA MARTINEZ. "La escultura actual”. 1974
“Arriba”. 11/05/1960. L. Figuerola-Ferreti.
“Ya”. Mayo 1960. Ramón Faraldo.
“Informaciones”. 7/04/1964. José R. Alfaro.
“Ya”. 12/06/1964. Ramón Faraldo.
"Faro de Vigo". 1964. RAMON DIAZ, J.
"Indice" Nº 189. Sept. 1964. TRABAZO, Luis.
“Nuevo Diario”. 1971 ó 1972. José Hierro: Jesús Valverde, escultor.
"Arriba" Madrid. 11-XII-1977. GALERIA PONCE.
"Diario 16" Madrid. 14-XII-1977. GALERIA PONCE.
“Hoja del lunes” Madrid. 19/12/1977.
"ABC de las Artes" 15-I-1978. CAMPOY, A. M.
"Faro de Vigo". 12-III-1978. J. A. X.
"El Pueblo Gallego" 15-III-1978. PORTEIRO, M: José y PEROZO, J. Antonio.
"El Pueblo Gallego"15-III-1978. VAZQUEZ GIL, Lalo.
"La Voz de Galicia" 21-III-1978. CASTRO COUSO.
"El Pueblo Gallego" 19-I-1979. PORTEIRO, M: José y PEROZO, J. Antonio.
"El Faro de Vigo" 21-I-1979. PABLOS.
"La Voz de Galicia" 24-1-1979. CASTRO COUSO.
"El Correo Español" 14-V-1982. X. M. C.
"El Ideal Gallego" 16-V-1982. CARBALLIÑO, B.
"Faro de Vigo" 16-V-1982. GALERIA CITANIA,
"La Voz de Galicia" 23-V-1982. TRAVIESO, Janes.
"La Voz de Galicia" 2-VI-1982. CASTRO FERNANDEZ, José A.
"La Voz de Galicia" 9-X-1982.
"El Pais" 20-II-1983.
"Faro de Vigo" 30-XII-1983. CASTRO FERNANDEZ, José A.
"Nuevo Diario" Nº 121. 13-XII-1961. HIERRO, José.
"Diario Atlántico" 20-VII-89. A.D.
"Faro de Vigo" 26-VII-89. MONTEJANO, Vicente.
“Diario 16” 26-X-90
"Diario 16" 29-X-90.G. SALGADO, Angeles.
“Faro de Vigo” 16-IV-92. FRANCO, Fernándo.
“Diario 16 de Galicia” 6-I-92. DIEGUEZ, Alexa.
“Faro de Vigo” 07-V-93. PABLOS
REVISTA DE ESTUDOS MIÑORANOS IEM Mongrafias "XESÚS VALVERDE"





Ano 2011
A Ramallosa
Antonio Valverde Alonso