PERSONAXES DO VAL MIÑOR
Fray Manuel Mª Martínez
O.P. (1891-1975)
Segundo consta na
“Acta de Nacimiento”, as once da mañá do día catro de xaneiro de 1892 comparece
no Rexistro Civil de Baiona, Xosé
Martinez, sen segundo, natural da vila, de trinta e sete anos, casado,
mariñeiro, domiciliado na rúa Ventura Misa número 55, para inscribir, un neno
que naceu na súa casa o día dous, as nove da noite. O neno, e fillo lexitimo de
el e de a súa dona Xosefa González, sen segundo, tamén da vila, de trinta e
catro anos. E ben sendo neto de Soledad Martinez e Vicenta González e abos
descoñecidos, tamén veciña da vila. Pónselle de nome Manuel Silvestre José. Acompañan
ao pai tres mariñeiros coma el, tamén da vila, dous como testemuños e ó outros
para firmar por non saberes el.
Segundo as “Actas
del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores
celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio
de 1978”, dano como nado 31 de Nadal de
1891, día de San Silvestre o que xustificaría o segundo nome. O primeiro de
xaneiro celebrase o nome de Manuel e o terceiro, sen dúbida, por ser o nome do
pai.
Tamén xustifícanse
as datas, co marxe que se daba para facer o rexistro, e aínda así, pares que,
ou a celebración da festa do fin de ano, ou a necesidade de ir ao mar, retrasaron o rexistro.
Foi Baiona, a vila que primeiro coñeceu a
nova do éxito da expedición de Cristóbal Colón no viaxe de descuberta das
Indias Occidentais, ao arribar no seu porto a carabela “La Niña”, ao mando do mariño Martín Pinzón. Este acontecemento influíu,
sen dubida, na inclinación do Frade Martinez por un dos personaxes mais
controvertidos do posterior asentamento dos españois na nova terra descuberta, Fray
Bartolome Las Casas, ao que lle dedicaría seus estudios, constituíndose en
paladín contra das acusacións que deron lugar a chamada “Leyenda Negra”, que tanto contribuíu ao desprestixio da España
daquela época e que aínda hoxe segue marcando a opinión de algúns foros españois
o hispanoamericanos.
Viviu e pasou a súa
xuventude na rúa Elduayen nº 1 xunto co seu irmán Xosé, tamén sacerdote e súa
irmán ¿?. Cursou os estudios primarios, mais pronto a vocación relixiosa lévao
a ingresar, con 17 anos, no maio do ano 1909, no Colegio de San Juan Bautista de la Orden de Predicadores de Corias
da veciña rexión de Asturias, facendo un ano mais tarde a Profesión Simple,
no mesmo Convento, facendo a Profesión
Solemne no ano 1913 no Convento de San
Esteban de Salamanca. Ordenase Presbítero no ano 1915 e ao finar os
estudios de Teoloxía no 1918 é destinado ao Convento
de Nuestra Señora de Las Caldas de Besaya na provincia de Santander,
permanecendo no mesmo dous anos.
Mais tarde, no 1928,
volta para Galiza ao Convento de San José
de Padrón, dedicándose a predica e demais ministerios sagrados, pero é a
partir dese intre cando interesase e
desenvolve os estudios sobre a figura do Padre Fray Bartolomé de Las Casas,
amosando, ano seguinte, a primeira
comunicación arredor do Padre Las Casas no Congreso
de Historia Hispano-Americana celebrado en Sevilla.
No ano 1930
trasladase ao Convento de Nuestra Señora
de Atocha de Madrid. Desde aquí, viaxa a Centro América, onde permanece
polo tempo de 4 anos, exercendo unha
intensa labor de misións apalpando as repercusións e as secuelas das vivencias
do Padre Las Casas.
A súa volta, ao Convento de Atocha, exerce as funciones
de organista, ao tempo que publica dous artigos sobre o Padre Las Casas, na
revista “Ciencia Tomista” cos títulos
“Las Casas Historiador” e “Valor Histórico de la Brevísima Relación
de la Destrucción de las Indias”, e intervén no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla
no ano 1935.
Ao estalar a desgraciada
“guerra civil”, os milicianos invaden o Convento, do que logra fuxir a
refuxiarse no Hotel Laris de Madrid. Neste tempo atravesa grandes dificultades,
pro el achaca, as súas relaciones derivadas dos estudios sobre o Padre Las
Casas, “el haber salvado a vida”. Encontrase no mesmo Hotel seu amigo o
Secretario da Legación de Guatemala, que coñecera na época da súa estanza en
Centro América, que procuroulle un documento que o facía empregado da Legación
de Guatemala, o que lle permitiu a libre circulación por Madrid. Tamén coñece e
abrangueu unha grande amizade co Secretario da Embajada de Cuba, D. José Mª
Chacón y Calvo, e co Cónsul do devandito país, e así, poder axudar a moita
xente, chegando incluso, a obter pasaportes estranxeiros, salvando a vida a
varias persoas. Unha delas foi o Padre Manuel Suárez, que logo chegou a ser
Maestro General de los Dominicos, para o que acadou do Cónsul de Cuba un
pasaporte cubano.
Estas actividades
acaban traéndolle complicacións que o fan fuxir de Madrid para Valencia e
Francia no outubro do 1937, permanecendo en Marsella e París desde onde fai
incursións a Barcelona, dende o 19 do Nadal e o 13 do xaneiro do 1938. Volve a
París de novo e no mes de febreiro, pasa a zona dominada polos chamados
“nacionalistas”, acolléndose no Convento
de San Pablo de Valladolid. Dende alí pasou en varias ocasións a nomeada
“zona roja”. Existindo unha lista das persoas favorecidas e as axudas
económicas, que recibiron pola súa mediación, e aínda despois do final da
guerra, liberou a varios da pena de morte e de cadea.
Entre os anos 1939
e 1959, seu ministerio desenrolase nos Coventos
de San Pablo de Valladolid, San Esteban de Salamanca, onde había Profesado,
volvendo a San José de Padrón e
posteriormente en Santo Tomás de Aquino
da rúa Cañizares de Madrid. Mais tarde pasa a ser capelán das Madres Dominicas de Casalarreina-Logroño
e o seu derradeiro acougo foi no Convento
de Santo Domingo de Caleruega-Burgos, para dedicarse na súa vellez dunha
maneira exclusiva, a oración e ao estudio.
No ano 1955 editase
a súa obra Fray Bartolomé de las Casas
“El Gran Calumniado” na que analiza as calumnias que personaxes coma Marcelino Menéndez y Pelayo; Ramón Menéndez
Pidal; Manuel Serrano y Sanz; Padre Constantino Bayle ou Romulo D. Carbia, e no
XXVI Congreso Internacional de
Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.
Eno ano 1958- Fray Bartolomé de las Casas “Padre de
America” no que defende o alcuño de “Padre de America”.
Era un
extraordinario afeccionado a música –tanxía o harmonio habendo
exercido funcións de organista-. De carácter aberto e
alegre, que mantivo
até o fin de seus días,
orixinado por un cáncer no pulmón, o 14 de novembro do
ano 1975.
Escribiú:
1955 - Fray Bartolomé de las Casas “El Gran
Calumniado”
(Apasionado y exhaustivo alegato en defensa
de Fray Bartolomé de las Casas).
Imprenta La Rafa -Abtao,8 Madrid
1958 - Fray Bartolomé de las
Casas “Padre de America”
(Estudio biográfico-critico)
Imprenta La Rafa - Abtao,8 Madrid
Bibliografía:
Actas del Capitulo
Provincial de la Provincia
de España de la Orden
de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al
27 de julio de 1978
XXVI Congreso Internacional de
Americanistas(1936)
Antonio Valverde Alonso