26 de noviembre de 2013

FRAY MANUEL MARIA MARTINEZ O.P.


PERSONAXES DO VAL MIÑOR

 

Fray Manuel Mª Martínez O.P. (1891-1975)

 

 

Segundo consta na “Acta de Nacimiento”, as once da mañá do día catro de xaneiro de 1892 comparece no  Rexistro Civil de Baiona, Xosé Martinez, sen segundo, natural da vila, de trinta e sete anos, casado, mariñeiro, domiciliado na rúa Ventura Misa número 55, para inscribir, un neno que naceu na súa casa o día dous, as nove da noite. O neno, e fillo lexitimo de el e de a súa dona Xosefa González, sen segundo, tamén da vila, de trinta e catro anos. E ben sendo neto de Soledad Martinez e Vicenta González e abos descoñecidos, tamén veciña da vila. Pónselle de nome Manuel Silvestre José. Acompañan ao pai tres mariñeiros coma el, tamén da vila, dous como testemuños e ó outros para firmar por non saberes el.

Segundo as “Actas del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio de 1978”, dano como nado  31 de Nadal de 1891, día de San Silvestre o que xustificaría o segundo nome. O primeiro de xaneiro celebrase o nome de Manuel e o terceiro, sen dúbida, por ser o nome do pai.

Tamén xustifícanse as datas, co marxe que se daba para facer o rexistro, e aínda así, pares que, ou a celebración da festa do fin de ano, ou a necesidade  de ir ao mar, retrasaron o rexistro.

     

Foi Baiona, a vila que primeiro coñeceu a nova do éxito da expedición de Cristóbal Colón no viaxe de descuberta das Indias Occidentais, ao arribar no seu porto a carabela “La Niña”, ao mando do mariño Martín Pinzón. Este acontecemento influíu, sen dubida, na inclinación do Frade Martinez por un dos personaxes mais controvertidos do posterior asentamento dos españois na nova terra descuberta, Fray Bartolome Las Casas, ao que lle dedicaría seus estudios, constituíndose en paladín contra das acusacións que deron lugar a chamada “Leyenda Negra”, que tanto contribuíu ao desprestixio da España daquela época e que aínda hoxe segue marcando a opinión de algúns foros españois o hispanoamericanos.

 

Viviu e pasou a súa xuventude na rúa Elduayen nº 1 xunto co seu irmán Xosé, tamén sacerdote e súa irmán ¿?. Cursou os estudios primarios, mais pronto a vocación relixiosa lévao a ingresar, con 17 anos, no maio do ano 1909, no Colegio de San Juan Bautista de la Orden de Predicadores de Corias da veciña rexión de Asturias, facendo un ano mais tarde a Profesión Simple, no  mesmo Convento, facendo a Profesión Solemne no ano 1913 no Convento de San Esteban de Salamanca. Ordenase Presbítero no ano 1915 e ao finar os estudios de Teoloxía no 1918 é destinado ao Convento de Nuestra Señora de Las Caldas de Besaya na provincia de Santander, permanecendo no mesmo dous anos.

 

Mais tarde, no 1928, volta para Galiza ao Convento de San José de Padrón, dedicándose a predica e demais ministerios sagrados, pero é a partir dese intre  cando interesase e desenvolve os estudios sobre a figura do Padre Fray Bartolomé de Las Casas, amosando, ano seguinte, a  primeira comunicación arredor do Padre Las Casas no Congreso de Historia Hispano-Americana celebrado en Sevilla.

 

No ano 1930 trasladase ao Convento de Nuestra Señora de Atocha de Madrid. Desde aquí, viaxa a Centro América, onde permanece polo tempo de 4 anos,  exercendo unha intensa labor de misións apalpando as repercusións e as secuelas das vivencias do Padre Las Casas.

 

A súa volta, ao Convento de Atocha, exerce as funciones de organista, ao tempo que publica dous artigos sobre o Padre Las Casas, na revista “Ciencia Tomista” cos títulos “Las Casas Historiador” e “Valor Histórico de la Brevísima Relación de la Destrucción de las Indias”, e intervén no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.

 

Ao estalar a desgraciada “guerra civil”, os milicianos invaden o Convento, do que logra fuxir a refuxiarse no Hotel Laris de Madrid. Neste tempo atravesa grandes dificultades, pro el achaca, as súas relaciones derivadas dos estudios sobre o Padre Las Casas, “el haber salvado a vida”. Encontrase no mesmo Hotel seu amigo o Secretario da Legación de Guatemala, que coñecera na época da súa estanza en Centro América, que procuroulle un documento que o facía empregado da Legación de Guatemala, o que lle permitiu a libre circulación por Madrid. Tamén coñece e abrangueu unha grande amizade co Secretario da Embajada de Cuba, D. José Mª Chacón y Calvo, e co Cónsul do devandito país, e así, poder axudar a moita xente, chegando incluso, a obter pasaportes estranxeiros, salvando a vida a varias persoas. Unha delas foi o Padre Manuel Suárez, que logo chegou a ser Maestro General de los Dominicos, para o que acadou do Cónsul de Cuba un pasaporte cubano.

 

Estas actividades acaban traéndolle complicacións que o fan fuxir de Madrid para Valencia e Francia no outubro do 1937, permanecendo en Marsella e París desde onde fai incursións a Barcelona, dende o 19 do Nadal e o 13 do xaneiro do 1938. Volve a París de novo e no mes de febreiro, pasa a zona dominada polos chamados “nacionalistas”, acolléndose no Convento de San Pablo de Valladolid. Dende alí pasou en varias ocasións a nomeada “zona roja”. Existindo unha lista das persoas favorecidas e as axudas económicas, que recibiron pola súa mediación, e aínda despois do final da guerra, liberou a varios da pena de morte e de cadea.

 

Entre os anos 1939 e 1959, seu ministerio desenrolase nos Coventos de San Pablo de Valladolid, San Esteban de Salamanca, onde había Profesado, volvendo a San José de Padrón e posteriormente en Santo Tomás de Aquino da rúa Cañizares de Madrid. Mais tarde pasa a ser capelán das Madres Dominicas de Casalarreina-Logroño e o seu derradeiro acougo foi no Convento de Santo Domingo de Caleruega-Burgos, para dedicarse na súa vellez dunha maneira exclusiva, a oración e ao estudio.

 

No ano 1955 editase a súa obra Fray Bartolomé de las Casas “El Gran Calumniado” na que analiza as calumnias que personaxes coma  Marcelino Menéndez y Pelayo; Ramón Menéndez Pidal; Manuel Serrano y Sanz; Padre Constantino Bayle ou Romulo D. Carbia, e no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.

Eno ano 1958- Fray Bartolomé de las Casas “Padre de America” no que defende o alcuño de “Padre de America”.

 

Era un extraordinario afeccionado a música –tanxía o harmonio  habendo

    exercido  funcións de organista-. De carácter aberto e alegre, que mantivo

    até o fin de seus días, orixinado por un cáncer no pulmón, o 14 de novembro do

    ano 1975.

 

 

 

Escribiú:

1955 - Fray Bartolomé de las Casas “El Gran Calumniado”

(Apasionado y exhaustivo alegato en defensa de Fray Bartolomé de las Casas).

Imprenta La Rafa -Abtao,8 Madrid

1958 - Fray Bartolomé de las Casas “Padre de America”

(Estudio biográfico-critico)

Imprenta La Rafa - Abtao,8 Madrid

 

Bibliografía:

Actas del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio de 1978 

 

XXVI Congreso Internacional de Americanistas(1936)

 

 

Antonio Valverde Alonso